MISIÓN:
MISIÓN:
"O TEATRO NON MUDARÁ O MUNDO,
PERO PODE AXUDAR A MELLORALO"
Aló están eses desexos, acó as ganas de facer un teatro lúdico, divertido, poético, bonito. Un teatro que, a través da emoción nos convide a pensar, que estimule e amplíe a nosa sensibilidade, que nos sente ben.
Emoción, pensamento e sensibilidade poden contribuír a achegar o horizonte dun mundo mellor.
A ALÓproducións gústanos o teatro que é xogo, que é estimulo, que é diversión, que é emoción, que pode ser vía de coñecemento compartido.
...de acó para aló, producindo e estimulando a ilusión!
OBXECTIVOS:
Abrir o escenario á creación e á recreación de mundos posibles, onde a beleza e a poesía escénicas nos dean pracer e coñecemento. Un teatro visual e atrevido, arriscado.
Intentar conectar con todos os públicos, conseguindo que se abran a un xogo compartido e inclusivo, que non exclúa a ninguén.
Explorar perspectivas diversas, desde sensibilidades diversas, máis ALÓ do considerado “normal” ou “normativo”, máis ALÓ do hexemónico, máis ALÓ do máis convencional e repetido.
QUE QUEREMOS?
Procurar novos xeitos de facer, novas formas de actuar, novas estéticas que nos sorprendan e que, ao mesmo tempo, non nos boten do teatro e nos resulten coherentes e cun sentido perceptible.
Facer un teatro que sexa próximo e cercano, que busque a complicidade do público, que fuxa da ampulosidade e das poses. Un teatro que nos mire aos ollos, que nos seduza e que nos sente ben, incluso cando a acción poida abordar asuntos espiñentos.
Facer un teatro que se finque na verdade máis que na oportunidade.
Traballar cun equipo de artistas que non estean até na sopa, que non fervan en todos os potes, con eses outros profesionais menos vistos. Para que ir ao teatro non sexa ver sempre as mesmas caras, o mesmo tipo de luz e de escenografías.
Afonso Becerra de Becerreá x ALÓproducións
ESPECTÁCULOS:
Falamos? (+34) 662.405.777 aloproducions@gmail.com @aloproducions
PREMIOS
III CERTAME FONDO CULTURAL REINO DE GALICIA - DEPUTACIÓN DA CORUÑA. POLO ESPECTÁCULO: "DO REINO (E) DOS AMORES PROSCRITOS"
FIOT. PREMIO DO PÚBLICO A MELLOR ESPECTÁCULO M2 FESTIVAL INTERNACIONAL OUTONO DE TEATRO CARBALLO. POLA PEZA: "MENÚ-DO DIA"
FITO. PREMIO DO PÚBLICO A MELLOR ESPECTÁCULO FERVESCÉNICA. FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE. POLA PEZA: "MENÚ-DO DIA"
FESTIVAIS
MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO CÓMICO E FESTIVO DE CANGAS.
CORUFEST.
FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE.
FESTIVAL INTERNACIONAL OUTONO DE TEATRO CARBALLO.
FESTIVAL TEATRO MINIMO AMBULANTE.
MOSTRA DE TEATRO DE RIBEIRA.
FESTIVAL QUINCEGOTAS.
FESTIVAL PEZAS DUN TEATRO DO PORVIR.
FESTIVAL IBEROAMERICANO DE TEATRO CÁDIZ.
BREVESCÉNICA.
4x4 VIGOCULTURA.